Este libro que agora tes nas mans naceu como unha homenaxe ao mundo dos gatos, animais que admiro infinitamente e dos que sempre procuro rodearme. Agora mesmo estou a alimentar unha gatiña xa moi anciá, con seis das súas sete vidas cumpridas, pero tamén cunha nova niñada de gatiños e gatiñas na barriga que pronto saltaricarán pola eira coa súa inxenuidade infantil.
Veu do bosque e mírame con ese tenrura salvaxe e túzara de quen sabe que non pode confiar en ningún Ser Humano.
Canda ela, achégase tamén de vez en cando outro gato vello, gordo, grandón e fero que se permite o luxo de comer o primeiro. Cando me mira, parece dicirme que é o amo do mundo e da noite.
Tamén que nunca se someterá a nada nin a ninguén e que el só escoita a Vento, pois é un ser tan libre coma os gatos e gatas desta novela, que fala da natureza libertaria dos felinos, pero tamén da importancia dos libros, porque só existe o que é contado con palabras.
| ISBN | 9789899260092 |
|---|---|
| Ano | 2025 |
| Número de páginas | 152 |
| Capa | Brochada |
| Editora | Trinta por uma Linha |
| Categorias |
Livros > Infantil > Literatura Infantil e Juvenil
Ánxela Gracián
Aínda que, ás veces, sinto que as palabras foxen de min, deixándome só os seus ecos, opacos ou sonoros e, no entanto sempre fecundos, sigo teimando en partir na súa busca, como unha viaxe á Ítaca das esencias. Para cultivar esa paixón pola arte da palabra, fíxenme, primeiro, filóloga e, logo, tradutora. O de escritora veu despois, como un milagro que confirmo en cada novo libro editado e que testemuña que as paixóns luminosas nunca son inútiles. |


Reviews
There are no reviews yet.